Tuesday 07 de May de 2024

Hoxe abrirá a pista de xeo de riveira cunha xornada de portas abertas


Hoxe, día 9 de decembro, ás 20 horas, abrirá as súas portas a pista de xeo ubicada un Nadal máis na praza de España e farao cunha xornada extraordinaria de portas abertas, gratuíta para todos aqueles que desexen acudir.

A instalación estará operativa ata o 31 de xaneiro. O horario é o seguinte:

• De luns a xoves, polas mañás de 12 a 14 horas, só durante as vacacións escolares (en días de colexio as mañás estarán reservadas para as visitas de centros educativos)
• De luns a xoves, polas tardes de 17 a 22 horas.
• Venres, sábados, domingos e vésperas de festivo: de 12 a 23 horas
• 31 de decembro: de 12 a 18 horas
• 1 de xaneiro: de 19 a 23 horas